Pequeno Gran Show

Voulles confesar cal é o meu programa favorito da nova TVG: o Pequeno Gran Show.
O formato é coñecido polos amigos dos zappings: un talk-show no que os nenos entrevistan famosos e déixanse entrevistar eles mesmos para amosar de paso o ben que tocan o violín ou fan bailes regionales. E por suposto, falan un galego que quen lles dera a moitos presentadores adultos da TVG. Diante do regusto nostálxico e revanchista dalgúns outros programas, teñen que ser os cativos os que nos traian a inocencia e frescura.

Eles non se/nos rompen a cabeza, asumen o galego sen problema aínda que non sexa a súa primeira lingua e móstrannos a Galiza do futuro, a rural e a urbana, poboada por galegos de orixe búlgara, islandesa, romanesa, dominicana. Vivindo felices, sen complexos e con moita arte que darlle ao mundo. Tal vez non sexan representativos de toda a realidade, pero a tele pública ten que dar exemplo. Eu de maior quero ser coma eles.

Mostrar comentarios

Códigos Descuento