Ialma de futuro

Estiven estes días en Bruxelas por comenencias que aquí non veñen moito ao caso, pero o caso é que, como acontece moitas veces, os galegos para atoparnos entre nós parece que temos que ir fóra: nós tivemos a ocasión de coincidir co ensaio da presentación en directo do novo disco de Ialma, que para quen non o saiba é o grupo de Verónica Codesal, a galega que participou en Eurovisión no 2003 representando a Bélxica con outro grupo, Urban Trad.
É xa o terceiro LP destas cinco fillas de emigrantes que fan música folc mesturando a tradición que herdaron de seus pais coa multiculturalidade que aprendereron no barrio africano de Bruxelas onde ensaian e fan os concertos.No disco participan músicos belgas, africanos e galegos, e a gran caña que presentan é unha versión dos Red Hot Chili Peppers acompañada das voces de catro octoxenarias de Ponte Caldelas. Ialma son a Galiza do futuro, o europeísmo e a multiculturalidade. E axiña as veremos actuar por aquí. Por favor, non as perdan.
Mostrar comentarios

Códigos Descuento