Todos con Ana

Din -ben, dígoo eu, pero para o caso abonda- que todo pobo que se prece debe aprezar primeiro as súas folclóricas.
Se Andalucía acada o estatus de realidade nacional é porque leva moitas décadas currando os elementos diferenciais e, o que é peor, estendéndoos a toda a península. A diario temos que papar na tele o parte sobre o estado da saúde de Rocío Jurado, do moito que padece a Pantoja de cando María del Monte escorda un pé. Porén, hoxe poucos saben que a raíña da canción galega está loitando contra un cancro no hospital público compostelán.Nada de viaxes a Houston. Ningún xornalista ás portas do clínico, nada de roldas de prensa. A cantante arzuana vive cos seus a súa enfermidade, e estou segura de que non lle importaría que algún programa da TVG lle mostrase a súa preocupación ou cariño. Pero claro, pensar en Ana Kiro na televisión parece cousa de outros tempos. Hoxe os medios non se preocupan dela, pero non teño dúbida de que unha xeración enteira si. Moita forza, Ana.
Mostrar comentarios

Códigos Descuento