Nin flores!

Así de categórico aterrou esta semana Spoke, insistindo en que reflexionase sobre o comezo do mes en Vigolandia.
Segundo el, o 1º de Maio (unha data reinvindicativa?) celebráronse aquí tres manifestacións (por chamalas dalgún xeito), a cada cal máis escuálida, que percorreron a unha velocidade vertixinosa as rúas da cidade. Como cambian os tempos! Aquí, non hai tanto, Nunca Máis, un movemento unitario, organizou a concentración máis numerosa de todas cantas levou a cabo.Nunca máis? Se cadra agora resulta que esta cidade é unha especie de Matrix, e algúns aínda non nos decatamos. Curiosamente, o 1º de Maio unha pancarta na beirarrúa chamaba a atención sobre o traballo dos menores (que existe e que é ilegal)  e preguntaba, de paso, ós liberados sindicais pola súa implicación para atallar esa forma de explotación. Reaccionou alguén? Nin flores! Coma se non fose con eles. Coma se os problemas reais fosen doutra galaxia. Ou, sen ir tan lonxe, mesmo doutros lugares do planeta.
Mostrar comentarios

Códigos Descuento