Froitos e froitas

En calquera parte do mundo, dicíame onte Spoke todo cheo de razón, a froita máis saborosa é a que comemos xusto despois de collérmola da árbore.
Así como, tamén, segundo din, non hai mellor peixe que o pescado por un. Pois ben, mira ti por onde, aquí, nas cousas da cultura, rexe o mesmo principio; aquel que di: a cultura para quen a traballa. O pasado domingo, xornada na que se celebraba o Día do Libro, os libreiros de por aquí non saíron á rúa. Haberá quen opine: ben feito!, os froitos da cultura sonche do máis delicado, non lles pode da-lo sol.Outros, como Spoke, pensan que pode que sexa que a algúns viguícolas distinguidos o de achega-la cultura ós cidadáns lles soe a paternalismo trasnoitado, e por iso, mirando polo ben dos seus paisanos (desvelo nada paternalista aínda que pareza mentira) fan todo o posible para que nos internemos nós sós nos caladoiros das librerías, e que gabeemos polos andeis entre as follas perennes de Novoneyra e de Flaubert. Non será que para eles os libros teñen algo de froito prohibido?
Mostrar comentarios

Códigos Descuento