Monetizar

Estamos nun momento de cambios na industria cultural tan apaixonantes
como aterradores para moitos actores que non saben como adaptarse á
nova cultura do dixital nin como enfrontarse a un mercado global onde
vender copias das cousas, sexan música, películas ou libros, ten cada
día menos valor. Compañías de todo os mundo xa lle viron as orellas
ao lobo e innovan os que poden tratando de non perder o tren. Mentres,
aquí a postura é a contraria e do que se trata é de protexer o que
xa hai, coa inestimábel axuda dos cartos públicos, e logo xa se
verá. O novo mundo está preocupado pola monetización, ou como sacar
cartos deste novo modelo, e aquí tanto nos ten mentres nos monetice a
Xunta. E aínda nos queixamos