Pirixel, ruda

Opirixel e a ruda eran as herbas máis populares que se usaban en Galicia e noutras partes para facerlles ás mulleres abortar. Eran outros tempos, certo, cando as nosas bisavoas estaban dispostas antes a morrer na cama desangradas que a ter un fillo máis que non podían manter, ou que lles traería a deshonra. Por sorte hoxe temos clínicas, médicos e enfermeiras dispostas a axudarnos nun trance que xa bastante traumático é. Que non se fai por vicio, como pensan algúns. Son outros tempos, si, pero parece que moitos viven máis cómodos nos de antes. Criminalizando a quen aborta ou axuda a abortar só se consegue o regreso dos vellos métodos. Abonda poñer aborto, ruda e pirixel no Google para atopar centos de foros onde moitas mozas de agora mesmo preguntan desesperadas como é iso de interromper o embarazo con finas herbas. E despois ver se queremos vivir (e morrer) como as nosas bisavoas e as nosas coetáneas de Ruanda ou preferimos estar en Galicia e no século XXI.