Agardando a Gordon

Para que ninguén os acuse de que a natureza os colle desprevidos, todas as consellarías deron sinal de alarma coa chegada do furacán. Ser é emocionante vivir esta calma chicha que precede o trebón, como na película «A tormenta perfecta», e dispoñernos para a desgraza nun país xa predisposto de por si.

Do mesmo xeito tamén nos inzan de alertas e gráficos, e é que coa tecnoloxía o tempo cada vez colle máis épica: diante do que se aveciña pouco máis podemos facer que pechar as contras. Velaí a resignación e velaquí o escepticismo: o noso home do tempo di que non é para tanto, tamén é certo que sempre tivemos un home do tempo algo pachorras. Eu estou con el e digo que malo será. O venres cóntanme.