Transporte público deficiente

Vivo en Negreira e traballo en Santiago, como unha grande parte da poboación dese concello e véxome orgirado a levar o coche tódolos días polo deficiente servizo que se presta en transporte público. Os autobuses dudo moito que cumpran as condicións legais de seguridade, o percorrido é moi longo e o prezo, desorbitado.

É unha vergonza que sendo un pobo que se encontra a menos de media hora da capital de Galicia non haxa ningún tipo de facilidade neste aspecto, cando tódalas comunidades autónomas tentan facilitar o transporte público para axudar a non destrozar máis o medio ambiente e non saturar as cidades. Os autobuses, aparte de ter un recorrido que coido excesivo e pouco práctico, paran na gasoliñeira en case tódolos recorridos máis de vinte minutos, e cando tódolos concellos do redor, Ames, por exemplo, teñen bonos ou precios acordes á súa situación de periferia, en Negreria pagamos 2,20 euros por traxecto, o que supón case 5 euros ó día.

Espero que esta queixa serva de algo. No Instituto Galego de Consumo porei a relativa ás condicións nas que a empresa de transportes Hermanos Ferrín, S. L., presta os seus servizos.