Becas Erasmus

Son alumna de Empresariales da USC, e desexaba irme cunha beca Erasmus pero é imposíbel. Creo que estamos discriminados respecto ós alumnos que pediron a solicitude o ano pasado debido a que nesta ocasión pídennos unha nota mínima no expediente e aprobar o exame de idioma do país de destino. En consecuencia, con estos criterios, de 170 prazas só 40 quedaron cubertas.
Cando fixemos esta solicitude non había requisitos, excepto non ser alumno de primeiro, encontrándonos por sorpresa istas condicións logo de face-lo papeleo e o exame. Somos a única facultade que fai isto. Se realmente queren que só se vaian os mellores alumnos que fagan probas máis serias, sobre todo nas de idiomas.