Unha manifestación das persoas de ben

A Mesa pola Normalización Lingüística convoca hoxe unha manifestación en Santiago a prol da lingua galega.
.
.
Foto
.
Un dos actos centrais do Día das Letras Galegas celébrase en Compostela. Ás 12.00 horas sairá da Alameda unha marcha baixo o lema Porque temos, porque queremos, porque debemos. O Estatuto da normalidade lingüística. O galego: un dereito, un deber. O BNG respalda esta mobilización e fai un chamamento «ás persoas de ben» para que «defendan o que é noso». Mentres, en Sada, a Real Academia Galega celebrará un pleno adicado a Manuel Lugrís Freire.Ofrenda floral

O libro fundacional da literatura galega, Cantares gallegos, imprimiuse no obradoiro de Juan Compañel no número 12 da rúa Real, no Casco Vello vigués, en 1863. Alí celebrará a Federación Veciñal a súa homenaxe floral.

* Rúa Real, 12. Casco Vello. A partir das 18 horas. De balde.

Recital poético

Coa participación do grupo de música tradicional Meigallos de Lavadores e o grupo de baile tradicional A Barroca da asociación veciñal do Casco Vello.

* Pza da Princesa. Ás 18.30 horas. De balde.

Maratón literario

A escola de baile tradicional O Fiadeiro e o grupo de danza Val de Fragoso, de Balaídos, participarán na lectura de pasaxes da obra de Manuel Lugrís no local da asociación de San Xoán Poulo.

* Asociación veciñal de San Xoán Poulo. Ás 17.30 horas. De balde.

Música popular

O grupo de pandereteiras Xolda de San Miguel de Oia e o grupo folk coruñés Tahume protagonizarán o Día das Letras Galegas na parroquia de San Miguel de Oia.

* Asociación veciñal de San Miguel de Oia. Ás 20 horas. De balde.

O benxamín dos precursores

Así cualificou Antón Vilar Ponte a Manuel Lugrís (Sada, 1863-A Coruña, 1940), poeta, narrador, académico e ensaísta que participou na redacción do primeiro anteproxecto do Estatuto de Autonomía no ano 1932.

Mostrar comentarios

Códigos Descuento