Presentan Marga Pazos, Almudena R. de Urzáiz e Carlos Portas. Inclúe: 09.25 Faladoiro Hoxe, faladoiro cos xornalistas Mariano Goikoa, Domingo Sampedro e Rosa Aneiros.
Un espazo diario de gastronomía conducido polo chef André no que proporá en cada intervención receitas doadas de realizar, que sorprenderán polo seu sabor e o seu atractivo.
Caps. 248 - 249 Lucía, unha moza de 18 anos comeza a descubrir o amor, faise moza de Miguel, un rapaz san e responsable que a adora. Lucía coñece a Javi, quen espertará nela unha forte atracción, pero ela non sabe que Javi ten ambicións desmedidas de poder, diñeiro e unión cos baixos fondos. Os pais de Lucía sepáranse porque seu pai ten outra familia con Raquel, de quen espera o seu segundo fillo. Ao mesmo tempo pasa por unha crise económica moi forte e decide abandonar a súa muller Carmen, quen terá que se enfrontar soa ás responsabilidades que implican manter unha familia.
Cap. 75: "Policías de acollida" A vida de seis policías infiltrados, entre eles o oficial Peter Church, que na súa acción diaria de infiltrado é un home solitario que se mestura con delincuentes habituais de dubidosa reputación. O axente Church, personaxe que recrea un caso real, nunca fai dano a ninguén, agás en defensa propia, e nunca comete un crime que non sexa absolutamente necesario.
Cap. 25: "Abandonado" Serie. Un equipo perfectamente coordinado. Teñen nervios de aceiro e están listos para a acción en segundos, sempre que os precisen nalgún accidente ou tarefa de rescate en Hamburgo. Funcionan as vintecatro horas do día e están completamente espelidos no comando, xa que unha mínima falta de atención pode custar vidas humanas.