Presentan Marga Pazos, Carlos Portas e Almudena R. De Urzáiz. Inclúe: 09.25 A Entrevista Esta mañá conversan con Elena Muñoz Fonteriz, conselleira de Facenda.
Un espazo diario de gastronomía conducido polo chef André no que proporá en cada intervención receitas doadas de realizar, que sorprenderán polo seu sabor e o seu atractivo.
Caps. 250- 251 Lucía, unha moza de 18 anos comeza a descubrir o amor, faise moza de Miguel, un rapaz san e responsable que a adora. Lucía coñece a Javi, quen espertará nela unha forte atracción, pero ela non sabe que Javi ten ambicións desmedidas de poder, diñeiro e unión cos baixos fondos. Os pais de Lucía sepáranse porque seu pai ten outra familia con Raquel. Ao mesmo tempo pasa por unha crise económica moi forte e decide abandonar a súa muller Carmen.
Cap. 76: "A sala privada" A vida de seis policías infiltrados, entre eles o oficial Peter Church, que na súa acción diaria de infiltrado é un home solitario que se mestura con delincuentes habituais. O axente Church, personaxe que recrea un caso real, nunca fai dano a ninguén, agás en defensa propia.
"O nome das pedras 5" Presenta Xesús Ferro Ruibal. Espazo en que o espectador ten a oportunidade de acceder a moitos e diversos contidos sobre lingua galega como explicacións de toponimia e antroponimia; curiosidades léxicas, gramaticais e ortográficas ou o sentido de ditos e refráns.
Cap. 26: "Tempada de caza" Serie. Un equipo perfectamente coordinado. Teñen nervios de aceiro e están listos para a acción en segundos, sempre que os precisen nalgún accidente ou tarefa de rescate en Hamburgo. Funcionan as vintecatro horas do día e están completamente espelidos no comando, xa que unha mínima falta de atención pode custar vidas humanas.