Idea peregrina

Omeu amigo Spoke, digo eu que por nacer a anos luz de aquí, ve as cousas co seu aquel.
Di que, á vista da inxente cantidade de terreo que se lle gañou ó mar nos últimos anos, e coa chea de vertidos que deslucen as augas que bañan as nosas costas (e nas que nos bañamos nós), por qué non retoma-la idea de lastra-la ría; unha idea defendida, en tempos, aínda que sen mollarse de todo, por un político para quen as lousas, por dicilo así, non gardaban ningún segredo.

Opina Spoke que, agora que caímos na conta de que a pesca é un sector cun futuro incerto, que o tráfico satura a ponte de Rande e que a Volvo xa marchou, máis que sacarlle partido á ría levándoa polo camiño da comunicación e do turismo (os cartos móvense mellor e máis rápido polas autovías e derivados), é o momento de humanizala, converténdoa nunha inmensa praza pública, virtual lugar de encontro dos habitantes da comarca, que elimine definitivamente,  as distancias.

Unha utopía que poría as illas Cíes a un paso, coma quen di. Para botar a correr!

Mostrar comentarios

Códigos Descuento