Oralmente pola boca

Oralmente pola boca

Malia o suxerente do título sinto defraudar : hoxe vou falar de cultura.
Pero tampouco vai a cousa polo literario a pesar de que o título sexa emprestado dun estupendo libro de Cid Cabido. Hoxe interésanme outro tipo de relatos, os orais, os que en forma de cantigas, xogos, romances ou lendas foron pervivindo dende antes da imprenta e que aínda perduran na era do bit.

Perduran daquela maneira, e se deron chegado até hoxe é un pecado deixalos esmorecer. Agora que temos centos de xigas onde gardar a información, internet para espallala, modernos chintófanos para gravar os nosos maiores. Agora que aínda temos maiores. Agora que se vai perdendo o medo a falar de “galego-portugués”.

En quince días a Unesco decidirá se valora como patrimonio da Humanidade toda a tradición que gardan as bocas dos nosos pais e avós e que nos une cos amigos do sur do Miño. E se non o valora tanto ten: aproveitemos a ocasión para seguir practicando a oralidade. Co gustiño que dá.

Síguenos en Facebook para estar informado de la última hora:
Publicada en la dirección url http://www.20minutos.es/noticia/64660/0/Oralmente/pola/boca/ accede a la noticia online capturando este código en tu móvil Código QR

Hemos bloqueado los comentarios de este contenido. Sólo se mostrarán los mensajes moderados hasta ahora, pero no se podrán redactar nuevos comentarios.

Consulta los casos en los que 20minutos.es restringirá la posibilidad de dejar comentarios