Marea vermella
Coa nova aínda fresca de que a selección española de fútbol vén de gañarlle, no que uns cualificaron de fazaña e outros de paseo militar, á Alemaña da conservadora Angela Merkel, era lóxico supoñer que o meu amigo Spoke viría esta semana falándome diso e, de rebote, das posibilidades que esa vitoria lle ofrece a Vigolandia para organizar algún día a famosa Universiada; pero non. Tampouco aterrou o meu amigo con ánimo de departir sobre bivalvos e toxinas, e iso que o aumento das temperaturas e o grao de contaminación da ría poderían dar pé a esa conversa (aínda que nesta cidade hai quen entende que poñer enriba da mesa cuestións subxacentes, como a da depuradora ou a da rede de sumidoiros, é un acto subversivo). Sobre o que Spoke quería chama-la miña atención era sobre a voadura do monólito que celebraba os vintecinco anos de paz (a de Franco) chantado nas Cíes. El cre, na súa inxenuidade, que é a primeira onda (expansiva) dunha marea que dará conta, por fin, da Cruz dos Caídos e doutras ignominias. Esperemos.




Hemos bloqueado los comentarios y las correcciones de este contenido. Sólo se mostrarán los mensajes moderados hasta ahora, pero no se podrán redactar nuevos comentarios.
Consulta los casos en los que 20minutos.es restringirá la posibilidad de dejar comentarios