Abrir
Cerrar Accesibilidad cargando
Buscar

Silencios elocuentes

O feito sabido de que case sempre, nas nosas relacións sociais, aquilo que calamos ten máis relevancia có que dicimos, valeulle ó meu amigo Spoke, na súa visita semanal, para referirse ós silencios do noso mandatario local á hora de facer balance do seu primeiro ano de goberno. Se presume de falar tódalas semanas por teléfono co ministro coruñés de Cultura, e non de facelo case a diario co presidente da Xunta, nin a todas horas (é un dicir) co vicealcalde de Vigolandia, non nos estará querendo dicir algo? Cando se atribúe publicamente o mérito de converte-la paisaxe desta cidade nunha instalación quilométrica de toupeiras, que falan, con ostentación, da súa aposta polo tráfico privado, e obvia referirse ó cambio climático (por exemplo), non nos estará enviando unha mensaxe? E cando entre os seu logros silencia a xesta que suporá a consecución da candidatura para a Universiada 2015, ou a traxectoria heroica (por tráxica) do equipo celeste por antonomasia, non o fará por modestia? A Spoke sóbranlle as respostas.
Comentarios

Hemos bloqueado los comentarios y las correcciones de este contenido. Sólo se mostrarán los mensajes moderados hasta ahora, pero no se podrán redactar nuevos comentarios.

Consulta los casos en los que 20minutos.es restringirá la posibilidad de dejar comentarios

Escribir comentario o corrección

3000 caracteres pendientes

Introduce el número de la imagen (Código de verificación para prevenir envios automáticos).

Código seguridad

Normas para comentar en 20minutos.es
  • Esta es la opinión de los internautas, no la de 20minutos.es.
  • No está permitido verter comentarios contrarios a las leyes españolas o injuriantes.
  • Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
  • Por favor, céntrate en el tema.
  • Normas y protección de datos