Enrique X. Macías
Un mes de maio coma este que está a piques de rematar, hai cincuenta anos, nacía en Vigolandia un músico en potencia, que, co paso do tempo, se convertería, e nisto falo por boca do meu amigo Spoke, no compositor de máis sona de cantos viviron nesta cidade na segunda metade do século pasado. A súa curta carreira, truncada no 1995 (con menos de corenta anos), deulle para exercer do seu, entre outros países, en Finlandia, Polonia, Francia, Alemaña e Portugal. Escribiu partituras para filmes, deu conferencias, gañou premios, organizou concertos, divulgou entre os viguícolas a chamada música contemporánea (a do seu tempo) a través de diversos departamentos de Xuventudes Musicais, colaborou con pintores, escritores e músicos como Jorge Peixinho e Julián Hernández, facendo da súa cidade un centro vivo, máis alá de calquera retórica publicitaria. Pero todo iso pasou, e agora del queda, nesta cidade desmemoriada, o seu nome na placa dunha rúa. Que este aniversario sirva para reincorporar a Macías á nosa paisaxe sonora.




Hemos bloqueado los comentarios y las correcciones de este contenido. Sólo se mostrarán los mensajes moderados hasta ahora, pero no se podrán redactar nuevos comentarios.
Consulta los casos en los que 20minutos.es restringirá la posibilidad de dejar comentarios