O fenómeno Pradolongo
Chegan novos tempos ao audiovisual galego. Anos de sector estratéxico, de subvencións, de coproducións con outros países, de participar en pelis españolas... faltaba o público, un elemento que o sector poucas veces ten en conta. Máis ben adoita terlle medo. Pero non tiña por que ser así. Abondaba con que alguén se atrevese a facelo e que o fixese ben e que puxese toda a carne no asador. Trátase de Ignacio Vilar co seu filme Pradolongo. Rodado en Valdeorras e en galego de Valdeorras. Tratando un tema local pero universal e con actores de Valdeorras ou cerca. Está petando na porta de institutos, asociacións e outros grupos de público potencial e estes están respondendo, porque a peli é máis que boa. É cercana, curriña, como xa din por aí. Está espertando interese polo cine galego nunha xeración que moitos xa daban por perdida entre blockbuster e palomitas. E moitos seguirán a súa estela agora. Porque tamén mola ser cabeza de rato. Benvidos ao audiovisual galego do cine XXI.




Uffff eso de que pradolongo es más que buena... A ver, a los de la zona nos hace gracia ver a nuestra gente y los paisajes pero la peli es un poco coñazo, ¿no?
A min a película non me gustou moito pero alégrome de que vai tan ben na taquilla.
Hemos bloqueado los comentarios y las correcciones de este contenido. Sólo se mostrarán los mensajes moderados hasta ahora, pero no se podrán redactar nuevos comentarios.
Consulta los casos en los que 20minutos.es restringirá la posibilidad de dejar comentarios